Cervo, 17 de maio, 2023. Oalcalde e candidato á reelección puxo en valor os investimentos realizados e os servizos financiados polo Goberno galego en Cervo: “Grazas a esta axuda, o Concello pode ter unha serie de servizos cubertos e á disposición dos veciños”
Ademais desta “inestimable axuda” por parte da Xunta de Galicia, Alfonso Villares agradeceu tamén a Alfonso Rueda persoalmente “o interese demostrado sempre por todas as cuestións e todas as demandas que lle son trasladadas desde Cervo”
“Nesta campaña ofrecemos o traballo feito ao longo destes anos ao carón dos veciños”, sinalou o rexedor reivindicando a capacidade de escoita do seu goberno: “Levamos anos escoitando e intentando levar adiante de xeito humilde todas as peticións e demandas que nos traslada a veciñanza”