Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo encheu de cor as rúas da vila este domingo. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu un centenar de caraveis de diversas cores entre as nais, fillas e avoas que gozaban do domingo na localidade

A acción enmarcouse dentro da campaña do día da nai que arrincou o pasado 28 de abril e rematou este 7 de maio. Acisa puxo en circulación 10.000 papeletas entre a clientela que estes días fixo as súas compras no comercio local e vindeiro 10 de maio terá lugar o sorteo de varios agasallos: unha experiencia para dúas persoas, xentileza de Viaxes Eroski; un bono de seis meses, doado por BeOne Ribadeo e 100 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acisa. O sorteo realizarase nas instalacións de Acisa e o seu resultado seralles comunicado telefónicamente ás afortunadas e afortunados.

Exit mobile version