Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta participa na presentación da romaría do Bispo Santo, en Foz, que se celebra a fin de semana do 19 ao 21 de maio

Lugo, 8 de febreiro de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Foz na presentación dos actos da festa do Bispo Santo, organizada pola asociación cívico-cultural Obispo Santo.

Arias interviu xunto a representantes da organización e das demais entidades implicadas na tradicional romaría, prevista para a fin de semana do 19, 20 e 21 de maio.

Previamente, o domingo día 14 -a partir das 16.30 horas- farase o traslado da imaxe de San Gonzalo desde a basílica de San Martiño ata a ermida do alto da Grela.

Exit mobile version