Nesta visita o alcaldable trasladou as preocupacións das familias á conselleira pola situación que están vivindo coa reforma íntegra do centro, que implica un traslado a outras residencias mentres se realiza a reforma. Ademais solicitou o desprazamento dun equipo técnico para que informara aos familiares das posibilidades que teñen. Despois desta reunión, Vega anuncia que “a Xunta de Galicia informará este 23 de maio a todas as familias sobres as posibles ubicacións. A adminitración autonómica buscou unha solución, pois o concello non deu ningún paso en concreto para resolver esta problemática”
Vega cre que é importante manter un contacto directo coas familias para resolver as súas dúbidas e preocupacións e subliña o traballo da Xunta de Galicia neste aspecto: “Hai que valorar que non é facil facer este traslado, é moi complexo ao non haber residencias para acoller a tanta xente. Pero creo que a Xunta está facendo un labor extraordinaria e amosa o seu compromiso coas familias intervindo nun centro que non é estricitamente da súa competencia”.
Desde o principio o grupo municipal popular estivo traballando para que o Hospital Asilo tivera unha reforma integral e esixiron que se explicara a herdanza do Doutor Moureda, que deixaba máis de 700.000 euros cando realmente o goberno do BNG tivo a opción de solicitar fondos de convocatoria de axudas da Xunta para a súa reforma e non o fixo. “Nós como grupo municipal estamos na procura de solucións para os problemas, e agora o máis importante é informar ás familias dos pasos que se están a dar co traslado das persoas do Hospital Asilo”, di Dani Vega