Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia a exposición ‘EscribirArte na Mariña’ que se inaugurou este luns coa participación de case 20 bibliotecas escolares

Os centros educativos que integran a microrrede da comarca prepararon a mostra, que estará aberta ata o día 11, e que está composta por cadros e por un conto artístico colaborativo 

Viveiro, 8 de maio de 2023. A Xunta de Galicia apoia a exposición ‘EscribirARTE na Mariña’, que se inaugurou esta tarde no salón multiusos do Concello de Viveiro coa participación de case 20 centros educativos integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), da microrrede da Mariña. Ata o vindeiro 11 de maio, a mostra permitirá desfrutar do conto artístico colaborativo, ‘Rulando unha historia’ e coñecer algúns dos cadros, ou o que é o mesmo, a arte e os proxectos creativos do alumnado dos centros educativos da Mariña.

A implicación dos escolares fixo posible unha exposición marcada pola creatividade e a variedade de estilos artísticos e narrativos, e que incorpora ademais a posibilidade de coñecer algo máis dos proxectos de cada centro, grazas a incorporación de códigos QR en cada unha das obras que conforman a mostra.

Na exposición inclúense os traballos dos centros: EEI San Roque (Viveiro); CEP Lois Tobío (Viveiro); CEIP de Celeiro (Celeiro-Viveiro); CEIP Plurilingüe de Covas (Covas-Viveiro); CEIP Plurilingüe Santa Rita (Galdo-Viveiro); CEIP O Vicedo; CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove); CEIP de Cervo (Cervo); CEIP Fondo Nois ( Foz); CEIP Península da Paz (San Cibrao); CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela); IES María Sarmiento (Viveiro); IES Vilar Ponte (Viveiro); IES Illa de Sarón (Xove); IES Alfoz Valadouro; IES Monte Castelo (Burela); e IES Perdouro (Burela).

Exit mobile version