Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Alfoz

O contrato, que conta cun prazo de execución de 2 meses, ten como obxectivo garantir o aforro económico na facturación eléctrica derivada da xestión das instalacións e acadar unha importante redución de emisións de CO²

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Alfoz.

Os traballos, adxudicados á empresa Tuvento Energía Minieólica S.L. por máis de 45.000 euros, incluirán a redacción do proxecto técnico, dirección de obra, tramitación administrativa e execución dunha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo, nos terreos asociados á depuradora municipal, situada na parroquia de Bacoi, que xestiona a entidade hidráulica da Xunta.

A través deste contrato, que conta cun prazo de execución de 2 meses, Augas de Galicia busca garantir o aforro económico na facturación eléctrica derivada da xestión da estación depuradora, ao tempo que acadar unha importante redución de emisións de CO² equivalente.

Estes traballos contan con financiamento europeo a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 e do proxecto Aqualitrans.

A intervención nas instalacións de Alfoz enmárcase nas actuacións que impulsa a Xunta para avanzar cara á neutralidade enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia.

Exit mobile version