Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta achega programas de envellecemento activo e de promoción da autonomía persoal aos veciños do rural

O Goberno galego asinou un convenio coa entidade da Fonsagrada para o desenvolvemento de actividades como musicoterapia, exercicios de memoria, xardinería e actividades manuais, excursión ou obradoiros de novas tecnoloxías, entre outras

A Fonsagrada, 19 de maio de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta tarde a escola do maior posta en marcha pola Asociación de Carballido de Servizos Sociais (Acaserso). Nestas instalacións, veciños da parroquia de Santa Marta de Carballido participan en actividades de envellecemento activo e de promoción da autonomía persoal, que contan co apoio da Xunta de Galicia.

Fabiola García destacou que as características demográficas do concello da Fosagrada empuxaron aos veciños a unirse para apoiar e coidar das persoas maiores que viven soas ou non contan cunha rede familiar próxima. O obxectivo desta escola de maiores é evitar a institucionalización destas persoas e garantir o seu benestar, ao tempo que viven nas súas casas e no seu lugar de sempre.

A escola do maior sitúase no antigo CEIP de Carballido. O Goberno galego asinou un convenio de colaboración con Acaserso cun orzamento de 37.000 euros para o desenvolvemento neste centro de actividades de musicoterapia, exercicios de memoria, xardinería e actividades manuais, excursións e obradoiros de novas tecnoloxías, entre outras.

Exit mobile version