Site icon Crónica3.com A Mariña

A sala da exposicións da Casa da Cultura de Cervo acolle ata o 16 de xuño unha mostra da artista Laura Doldán (Lume da Luma)

Está composta por unha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Cibrao e a súa conexión mariñeira. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron na apertura de portas desta mostra que se complementa con varias sesións de arte en vivo. Nesta primeira experiencia en directo a artista deseñou un paraugas inspirado, entre outros motivos, na figura da Maruxaina. O vindeiro 28 de maio e o 11 de xuño, volverá haber exhibicións en directo a cargo de Laura Doldán.

Exit mobile version