Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ministra Ione Belarra apoia ao candidato á Alcaldía de Viveiro Roberto Yáñez

Viveiro, 6 de maio, 2023. A Ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e Secretaria Xeral de Podemos Ione Belarra reuniuse o día 5 de maio coas candidatas e candidatos de Podemos ás alcaldías galegas en Ourense, da man do Coordinador Nacional Borja San Ramón.

No encontro, Belarra manifestou: “Fronte ao desleixo da Xunta de Galicia en materia de vivenda, nós actuamos: Van ser os concelleiros e concelleiras de Podemos quen defendan o cumprimento da Lei da Vivenda, que contempla a construción de vivendas protexidas e alugueiros sociais”.

O candidato á alcaldía de Viveiro por Podemos Roberto Yáñez agradeceulle á Ministra ou seu apoio e manifestou que “os candidatos e as candidatas por Podemos somos os que vamos levar as políticas transformadoras aos concellos e quen vamos empuxar ao cumprimento da Lei de Vivenda en Galicia”.

Exit mobile version