A cita, que xa achegou a música clásica ao estudantado de Monterroso, Viveiro e Burela, congregou a unha trintena de rapaces e rapazas de secundaria do instituto fonsagradino. O alumnado descubriu este estilo musical grazas a esta iniciativa da Deputación, que xira arredor do Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart. O programa rematará a vindeira semana, cun concerto o luns en Becerreá e o martes en Vilalba.