Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación municipal homenaxeou no pleno extraordinario celebrado esta semana, á policía local do Concello de Cervo, María Concepción Trelles Dourado, polos seus 32 anos de servizo neste municipio

No acto, fixéronlle entrega do distintivo de permanencia no servizo que outorga a Xunta de Galicia, “polo seu desempeño profesional e pola súa dedicación ao servizo policial”. O rexedor, Alfonso Villares, quixo darlle os parabéns por todos estes anos de servizo e agradecerlle a súa implicación, dedicación e profesionalidade en todo este tempo; e por velar polo cumprimento das distintas condicións da convivencia no municipio.

Exit mobile version