Os candidatos expuxeron as grandes liñas das políticas sociais que inclúen nos seus respectivos programas, sempre co compromiso firme de mellorar a cobertura das necesidades sociais
Pola tarde, acompañou á candidata de Viveiro, Mariña Gueimunde, nunha reunión con distintas entidades e profesionais do sector dos servizos sociais; ao candidato de Xove, Demetrio Salgado, nun encontro con Aspanane; e ao de Foz, Javier Castiñeira, con representantes de distintas entidades sociais.
A conselleira, nas súas intervencións, sinalou que o Partido Popular de Galicia ten demostrado ser a forza política que máis se preocupa polo benestar das familias. Neste sentido, lembrou a posta en marcha de medidas históricas como a gratuidade das escolas infantís, o reforzo na financiación do Servizo de Axuda no Fogar e a intensa colaboración co tecido social para levar por todo o territorio máis e mellores servizos de atención á discapacidade.
BURELA: INCREMENTO DO GASTO SOCIAL
O alcaldable popular en Burela, Manuel Rouco, sinalou que un dos eixos básicos do PP de Burela son os servizos sociais. Anunciou: “ O gasto social incrementarase de forma significativa para atender todas aquelas necesidades que non foron cubertas nestes catro anos por parte do goberno socialista do señor Llano e da señora María del Carmen López Moreno”. Engadiu: “Máis alá das palabras e das boas intencións, o PP demostra que cumpre coa palabra dada e neste sentido, no seu día quedamos coa dirección da fundación Eu Son e da fundación Afan en traer á conselleira de Política Social para que vira dúas entidades tan importantes na nosa vila e tamén na comarca”. Rouco asegurou: “Se os veciños e veciñas de Burela nos outorgan a súa confianza o 28 de maio, a traballadora social e compañeira de partido Maite Lanza será a encargada de levar esta concellería; é unha persoa sumamente comprometida e que sabe ben das necesidades neste sentido, polo que estou seguro de que dará un pulo como nunca se deu aos servizos socias dentro de Burela”.
VIVEIRO: POSTA EN SERVIZO DUN CENTRO DE DÍA
A candidata do PP á alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde, polo seu lado, sinalou: “No noso programa apostamos por un benestar de calidade para os nosos maiores. Queremos a posta en marcha dun centro de día. Responderemos á conciliación ampliando a oferta de novas prazas de gardería. E propoñemos solucións para activar a Casa da Xuventude na nosa cidade. Igualmente, apostamos por establecer un convenio para o uso continuado do albergue de Area como espazo de lecer e formación”.
XOVE: AXUDANDO A FACER REALIDADE O SONO DE ASPANANE
O aspirante a repetir como alcalde en Xove, Demetrio Salgueiro, resumiu así a decisión de apoiar a Aspanane: “Axudamos a Aspanane para que o seu soño de ter unha residencia na Mariña se faga realidade”.
FOZ: SOLUCIÓN PARA O ASILO
O aspirante do PP á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, manifestou: “A política social do goberno bipartito en Foz foi un auténtico fracaso; botaron 4 anos para renovar o contrato da Axuda no Fogar e crearon unha crise coa residencia totalmente inxustificada. Polo contrario o PP de Foz puxo a funcionar a residencia, triplicou o SAF e é o único que pode dar solución ao antigo Asilo”.