
A cita, que espertou gran interese, foi convocada polo equipo de voluntarios de maiores de Cáritas UPA Burela, Cervo e Cordido; e participaron veciñas/os de Cervo, do grupo Sinodal e membros da asociación de Mulleres de San Ciprián, que cedeu o seu local para esta e outras xuntanzas que se foron desenvovendo nos últimos tempos, e tamén ofreceu a súa colaboración para futuras accións de carácter social promovidas por esta entidade.