Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Veciñas e Veciños de Órrea, en Riotorto, proxectou este venres no Pazo de San Marcos o documental “Segadores de Órrea enTerras de Castela: unha historia de heroes”

A peza recolle os testemuños de 31 segadores da parroquia sobre a súa experiencia nas segas en Castela durante as décadas dos cincuenta, sesenta e setenta do século pasado. A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, asistiu á proxección na que estiveron algúns dos protagonistas, arroupados por preto de 200 persoas que rebordaron a capacidade do auditorio.

Exit mobile version