Alfoz, 11 de abril, 2023. O tema principal da xornada titularase: Oportunidades do sector forestal galego para explorar o potencial do monte como sumidoiro de carbono. Será este sábado 15 de abril, de 10:30h a 13:45h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Non é preciso inscribirse previamente e é unha actividade gratuita.
No relatorio mostraranse os principais problemas e retos que os sistemas agroforestais e agrícolas teñen asociados ao cambio climático, así como o concepto da neutralidade climática.
A necesidade da súa integración do sector agrícola e forestal a través dos sistemas agroforestais, e os principais mecanismos de financiamento do carbono a través dos proxectos de absorción de carbono, así como mecanismos de financiamento asociados á PAC.
Forma parte das xornadas formativas para promover o uso sostible dos recursos e potenciar os territorios de Reserva da Biosfera Terras de Miño.