O mercado ten como propósito visibilizar aos productores, artesáns,iniciativas culturais da comarca, aos autónomos da zona, a arte da vecindade, e dinamizar a parroquia de Vilaronte cargada de historia que comeza a sofrer os efectos da despovoación. Concienciar no consumo próximo, valorar a quen temos ao lado, e fixarnos no relacionamento como eixo vertebrador dos procesos colaborativos son o camiño para unha base social máis unida.
O poder da nostalxia, da memoria da infancia, doutro tempo máis colaborativo ou cooperante, fai que o mercado de Vilaronte sexa un lugar de encontro na Mariña para sentir o tempo lento, as conversas, e o bulir interxeracional.
É pois o centro de Vilaronte, o atrio, o lugar de xuntanza de, entre outros, estes postos: verduras, artesanía; arte, música, poemarios, libro, embutidos, xoias, coiro…
Programa. Domingo, 7 de Maio
Ás 10:00h apertura do mercado
Ás 11:00h Charla “Técnicas de conservación de alimentos e envasado de produtos da tua Horta”, impartida por Jesús Villarino e Bruno Pena (Asociación de Cociñeiros de Lugo)
Ás 11:30h pasarrúas a cargo de “Os Petapouco”, percusión da Comparsa Ruxe Ruxe
A partir das 11:30h Obradoiro para nen@s
Ás 12:30h actuación do Cuarteto Tradicional Xaramolo (Programa Tradigalu 2023-
Vicepresidencia. Deputación de Lugo)
Ás 13:30h VermuToxo a cargo de TOXO GUAYABA
Ás 16:00h o Mago David Méndez presentaranos o seu espectáculo “Maxia de aquí e de acolá”, dirixido a todos os públicos (Programa Xunt@s polo serán – Vicepresidencia. Deputación de Lugo)
A partir das 17:00h Tardeo ata que toleo a cargo de Dj Senín (Eventec) A mediodía contaremos con pulpo a cargo de Pulpería Maciñeiras Tamén contaremos con: tortos de zorza, pizzas, empanada e embutidos.
Vilaronte, lugar do “Mercado A os Pés de Corneria”
Esta parroquia limita coa de S. Martiño, toca no mar por Mañente, ademais de limitar co concello de Barreiros. Presenta unha extensión de 11,9 km2 e actualmente conta con 789 habitantes, sendo así unha das máis poboadas. Noutra época houbo en Vilaronte unha actividade industrial considerable, sendo a etapa máis próspera a dos anos 50 ós 60, grazas a industrias como “Dalo”, que alí tiñan a súa sé central. A decadencia e posterior desaparición destas empresas causou unha importante recesión laboral, o que provocou un considerable éxodo cara a emigración. Símbolo da lembranza a estas persoas emigradas elaborouse un monumento ao carón da igrexa parroquial.
Precisamente no entorno desta igrexa realizarase este mercado , ocupando o Atrio da Igrexa e a rúa que vai ata o cemiterio de Vilaronte.