As actividades programadas para ese día comezaron ás 13.45 horas coa celebración da misa de resurrección na capela do lugar e tras rematar os asistentes puideron disfrutar dun xantar na carpa instalada no exterior do Local social.
Unha grande participación e o bo ambiente foron as notas predominantes dunha xornada que cumpriu amplamente as expectativas da Xunta Directiva.