É veciña de Burela e orientadora laboral na oficina de emprego local dende hai 20 anos
Susana Fernández explicou que “vivo en Burela e traballo na oficina de emprego dende fai 20 anos e decidín unirme ao proxecto dos meus compañeiros do Partido Popular porque aposto por un cambio para a nosa vila”.
A nova incorporación do PP burelés militara fai tempo noutra formación política, pero agora únese ao proxecto do Partido Popular, “a única alternativa transformadora para Burela”.