Tras 6 tempadas de éxitos coa xira Son galego, Son cubano, Roi Casal confirma que o seu novo repertorio estará conformado polos temas máis actuais, xunto a outras cancións que van dende os ritmos latinos das súas últimas xiras ao estilo pop máis puro dos seus inicios.
Verán a luz por primeira vez temas como “Xunto a ti”, o primeiro dos singles de Ambos Mundos que conta coa produción de Charly Rodgarman (productor de orixe galega afincado en EEUU). A canción foi gravada en Los Ángeles (California) no mes de decembro e conta cun videoclip realizado en distintas localizacións de Galicia entre as que se atopa a Fervenza de Sargadelos do Paseo dos Namorados en Cervo.
O primeiro concerto con este novo espectáculo será na Praza dos Campos de San Cibrao (Cervo) este sábado 22 de abril ás 22:30h, promovido na súa totalidade polo concello de Cervo e a entrada será libre.