Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogelia Mariña: “Impulsaremos proxectos prioritarios para Xove, como a creación de emprego ou a mellora dos servizos asistenciais para a veciñanza”

A candidata recalcou que “damos un paso cara adiante firme e comprometido co futuro do noso concello e cos nosos veciños e veciñas”. “Traballaremos para ter unha escola infantil moderna e útil para as familias, un centro de día público para a terceira idade e, por suposto, desenvolver o polígono industrial”, explicou

Xove, 29 de abril de 2023. Os socialistas de Xove presentaron este sábado os membros da candidatura coa que concorrerán ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, que encabeza Rogelia Mariña Pernas.

O Senador César Mogo e a Deputada autonómica Patricia Otero participaron no acto, celebrado no Centro Cívico de Xove, xunto con alcaldes e alcaldesas socialistas, representantes municipais, responsables orgánicos, e militantes e simpatizantes do partido no concello e na comarca da Mariña.

César Mogo recalcou que Xove “necesita políticas progresistas e socialistas”. “Hai que aproveitar o enorme potencial que existe neste concello e nesta comarca, e facelo escoitando á xente e resolvendo os seus problemas, cun proxecto pensado para os veciños e veciñas de Xove, centrado nas persoas e nos colectivos sociais que a conforman”, incidiu.

O Senador lembrou ademais o “abandono” do PP con respecto á actividade industrial de Alcoa e a súa “traizón” á Mariña con Altri. “Prometeron moito e non cumpriron nada. Só veñen aquí para meter medo, nunca aportan solucións ós problemas dos mariñanos. Ante o peche de industrias, foron e seguen sendo meros espectadores, cando a Xunta é a que ten as competencias en industria segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia”, asegurou.

Rogelia Mariña explicou que se presenta a estas eleccións “para sacar ao concello da escuridade e letargo ao que está sometido. Teño moita experiencia para loitar contra as desigualdades e as inxustizas laborais. Sufrinas en primeira persoa, e agora dou este paso adiante encabezando esta candidatura progresista con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para Xove, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza”.

Candidatura renovada e comprometida

A candidata subliñou que coa presentación desta candidatura “damos un paso cara adiante firme e comprometido co futuro do noso concello e coa nosa veciñanza”. “Traballaremos para ter unha escola infantil moderna e útil para as familias, un centro de día público para a terceira idade e por suposto, desenvolver o polígono industrial, que non pode seguir estancado”, explicou, ademais de avanzar que realizarán xestións con tódalas administracións para acondicionar tódalas estradas que transcorren polo noso municipio, algo fundamental para vivir e traballar aquí”.

Marcos Samuel Pereira, “exemplo de superación”

Rogelia Mariña puxo en valor a participación dun compañeiro na candidatura socialista de Xove, Marcos Samuel Pereira Oliveira, o número 9 da lista. “Marcos é para todo nós un exemplo de superación e de compromiso co seu pobo. Un compañeiro que ten unha discapacidade visual, xa que só conta cun 9% de visión, e actualmente esta rematando os seus estudios de xornalismo na USC. Que forme parte da candidatura socialista de Xove é un aliciente máis para superar tódalas barreiras que aínda quedan na nosa sociedade, tanto as físicas como mentais”, expuxo.

Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Xove

A candidatura socialista de Xove está composta polos seguintes candidatos e candidatas:

1. Rogelia Mariña Pernas
2. Fernando López Pedre
3. Sonia Sofía Ribeiro
4. Javier Arca Uría
5. Aida López Cuadrado
6. Carlos Martínez Casabella
7. Cesarina Cuadrado Casariego
8. José Antonio Martínez Pernas
9. Marco Samuel Pereira Oliveira
10. Luisa Baltar Infante
11. Francisco Louzao Rego

Exit mobile version