A candidata declarou que se presenta a estas eleccións “con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para o meu concello, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza. Vivo na Rigueira dende fai 41 anos. Polo tanto, coñezo ben ás necesidades desta vila”
O líder dos socialistas na provincia explicou que Xove “necesita políticas progresistas e socialistas”. “Hai que aproveitar o enorme potencial que existe neste concello e nesta comarca, e facelo escoitando á xente e resolvendo os seus problemas, cun proxecto pensado para os veciños e veciñas de Xove, centrado nas persoas e nos colectivos sociais que a conforman”, incidiu.
Isto contrasta coa actitude do PP, que “só vén á Mariña para criticar ó Goberno do Estado e para facerse fotos, pero nunca para aportar solucións ós problemas dos mariñanos. O PP traizoou á Mariña con Altri, mete medo co futuro da pesca, da industria ou das infraestruturas, pero onde o PP mete medo, os socialistas facemos propostas, poñemos ilusión, ideas e iniciativas”, asegurou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia.
Rogelia Mariña explicou que se presenta a estas eleccións “con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para o meu concello, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza. Vivo na Rigueira dende fai 41 anos. Polo tanto, coñezo ben as necesidades do meu concello. Estrou preparada para afrontar este novo reto”.
Candidatura renovada e comprometida
“Únome a este proxecto político socialista e progresista, formando parte dunha candidatura renovada de mulleres e homes deste concello, comprometidos para traballar polo futuro do noso pobo. É o momento de falar de futuro e construílo entre todos cun cambio de timón. E por suposto, tamén é o momento de entendernos sen crispacións, con respecto e educación, e de loitar por un obxectivo común, como é Xove”, incidiu.
A candidata subliñou que coa presentación desta candidatura “damos un paso cara adiante firme e comprometido, xa que non podemos quedarnos quedos diante da parálise que sofre este concello co PP. Por iso, o noso único compromiso é traballar para todos e todas, sen importar a cor política ou condición persoal, o que nos une é Xove”, expuxo.
Presidenta do Comité de Empresa en Sargadelos
Rogelia Mariña Pernas, veciña de Rigueira, foi durante 30 anos delegada sindical en Sargadelos e presidenta do Comité de Empresa, onde foi despedida por cumprir coas obrigas que implica o seu cargo de delegada electa e representante de UXT na empresa. O despedimento foi considerado nulo polo Xulgado do Social.
Por primeira vez encabeza unha candidatura socialista ás eleccións municipais.