A Alcaldesa destacou a realización de proxectos como “a construción do campo de herba artificial en Santa Cruz, a posta en marcha do local multiusos con capacidade para 1.000 persoas para realizar teatro, xuntanzas ou charlas, entre outras actividades, ou o investimento na rede de estradas municipais, que podo asegurar que foi o maior da historia”
Lourenzá, 9 de abril de 2023. A Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, é novamente a candidata socialista nas próximas eleccións municipais do 28 de maio. “Somos un equipo de xente comprometida con Lourenzá, xente traballadora, que temos ilusión e ganas de facer cousas. Persoas con ideas e proxectos, algúns xa empezados e outros novos. Somos un equipo de xente humilde que estamos dispostos a traballar polo que cremos que é mellor para o noso pobo”, recalcou a candidata socialista.
A Agrupación Socialista de Lourenzá celebrou este domingo no Salón de Actos do Concello a presentación da candidatura socialista desta localidade, na que participou a Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, e o Senador César Mogo, xunto a militantes, simpatizantes, e alcaldes e alcaldesas, entre outros representantes institucionais do partido.
García Porto recalcou “o dinamismo e fortaleza” do PSdeG, que presenta “as mellores candidaturas e os mellores proxectos” ás eleccións municipais”. “Polo tanto, saímos a gañar. Vamos consolidar as alcaldías que temos, como é o caso de Lourenzá, e conseguir outras novas”, asegurou.
A Secretaria de Organización provincial felicitou á Alcaldesa polo “seu excelente traballo ao longo destes anos, con iniciativas que melloraron a vida dos seus veciños e veciñas, pola xustiza social, a igualdade de oportunidades, polos servizos públicos e as infraestruturas e por impulsar a actividade económica do seu pobo, como sempre facemos os socialistas cando gobernamos”, subliñou.
Na súa intervención, a Alcaldesa de Lourenzá e candidata á Alcaldía agradeceu dun xeito moi especial o traballo que desenrolan tódolos colectivos e asociacións que colaboran diariamente no Concello: “sempre estades dispostos a colaborar, porque cando as cousas se fan entre todos, está claro que sempre saen mellor”.
Sobre a súa xestión ao longo destes anos no Concello, destacou a realización de proxectos como “a construción do campo de herba artificial en Santa Cruz, e a posta en marcha do local multiusos para realizar teatro, xuntanzas, charlas, etc…, que hoxe xa é un realidade, e conta cunha capacidade para 1.000 persoas, ou o investimento que executamos na rede de estradas municipais, que podo asegurar que foi o maior da historia. O aglomerado neste concello case nin sabíamos o que era, e hoxe case podemos presumir de ter case todas as vías arranxadas e con bo firme”.
Rocío López puxo en valor así mesmo que que este ano a RAG decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Paco del Riego, e Lourenzá será o escenario do acto principal o 17 de maio. “O noso Concello está en marcha, temos moitas cousas por facer, e vamos a seguir traballando para que Lourenzá sume novos proxectos no eido turístico e cultural, e para que siga sendo un referente na Mariña”, subliñou.
Sobre a candidatura socialista explicou que está composta por tódolos concelleiros actuais e suma novas incorporacións, “que nos van aportar novas visións e propostas para sumar a este proxecto”.
Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Lourenzá
A candidatura socialista de Lourenzá está composta polos seguintes candidatos e candidatas:
1- Rocío López García
2- Javier Huertas Otero
3- Manuel Arango Ron
4- Mercedes Dengra Sixto
5- Mario Leitón Ramallal
6- Francisco Javier Suárez Vázquez
7- Sonia Gavino Reigosa
8- José Moirón Torrente
9 – Bernard Henri Denereaz Sailen
10- Natalia Minhoto Goas
11- Miguel Castrillón Fernández
12- Berta Oliveros Yanes
13- Vanessa Vallines Dasilva
14- Guillermo Rilo Munin