Á presentación tamén acudiron a actual representante municipal de Son Viveiro María José Basanta, que non aspirará a reelección, así como Orlando Expósito Mariño, dirixente histórico de EU no municipio. Este último tamén pechará a lista electoral, demostrando o seu apoio o proxecto político liderado por Yáñez. Ademais, no segundo posto da candidatura tamén estará Carlos Alberto Gueimunde, ex-concelleiro do PSdeG.
Fontes do partido se mostraron “moi satisfeitas” pola “ampla presencia de de líderes das distintas sensibilidades do progresismo e da esquerda no noso concello”.