Viveiro, 22 de abril, 2023. Podemos anuncia a súa lista lista para as eleccións municipais en Viveiro, que estará encabezada por Roberto Yáñez. No acto de presentación da candidatura, que se realizou este sábado, o candidato morado estivo arroupado polo líder autonómico do seu partido, Borja San Ramón.
Á presentación tamén acudiron a actual representante municipal de Son Viveiro María José Basanta, que non aspirará a reelección, así como Orlando Expósito Mariño, dirixente histórico de EU no municipio. Este último tamén pechará a lista electoral, demostrando o seu apoio o proxecto político liderado por Yáñez. Ademais, no segundo posto da candidatura tamén estará Carlos Alberto Gueimunde, ex-concelleiro do PSdeG.
Fontes do partido se mostraron “moi satisfeitas” pola “ampla presencia de de líderes das distintas sensibilidades do progresismo e da esquerda no noso concello”.