Dende Por Viveiro insta ás diferentes administracións: Concello, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia a negociar coa Congregación propietaria, para que o Convento de Valdeflores pase a ser de propiedade pública e se converta en Patrimonio do pobo de Viveiro.
Unha vez obtida a propiedade buscarlle un uso apropiado que permita conservar o valor artístico e arquitectónico do inmoble, así como o valor cultural dos seus códices, o seu arquivo (que recolle mais de 600 anos de historia), a biblioteca e o mobiliario interior.
Dende a agrupación independente: “Traballaremos para que a propiedade do Convento de Valdeflores sexa pública, ben sexa da Xunta, Concello ou Deputación de Lugo, e que non se permita en absoluto o desmantelamento e abandono dun dos maiores valores do Patrimonio de Viveiro”, declarou o Candidato á Alcaldía, Bernardo Fraga.