O Candidato á Alcaldía Bernardo Fraga apuntou que “As demandas do barrio de Xunqueira son exactamente as mesmas que hai catro anos, nada se ten avanzado, é triste”
“Tanto o Partido Popular na Xunta de Galicia coma o PSOE no goberno local teñen abandonado este barrio despois da riada sufrida hai máis de 5 anos. As promesas quedáronse en promesas e a realidade é que non hai ningún avance”
Os independentes de Por Viveiro, comprometéronse a traballar para mellorar o barrio nos vindeiros catro anos dende o Goberno Local.