“Asumo novamente este reto na única candidatura independente, libre e sen ataduras partidarias, coa ilusión de levar adiante o cambio necesario en Viveiro.” Declarou Fraga aos medios, e ademáis engadiu: “Logo de 20 anos de PP e 20 anos de PSOE, cada vez somos máis as veciñas e veciños que nos sentimos abandonados polos partidos políticos tradicionais, que levaron en conxunto, a Viveiro a unha situación de decandencia, de difícil solución”
Os independentes destacan que Viveiro perdeu 1000 habitantes en 10 anos, case 400 postos de traballo fixos no sector industrial e pesqueiro, non temos ninguna das infraestruturas necesarias en execución, e ainda por riba carecemos dun Plan Xeral que permita voltar á senda do crecemento. Viveiro ten a día de hoxe, un goberno progresista, pero non progresa, destacan.
Afrontan as Eleccións Municipais de maio co obxectivo de liderar o cambio político necesario logo de 40 anos de alternancia no goberno dos grandes partidos tradicionais. Queremos representar a todas aquelas persoas que se senten abandonadas, que consideran que Viveiro está en decadencia, e que debe ser un partido local, quen lidere un goberno de boa xestión, con capacidade de diálogo con calquera dos partidos, sen vetos nin miopía ideolóxica, para revertir a situación na que nos atopamos. En definitiva, un goberno de Viveiro, que traballe por Viveiro.
Perfil
Bernardo Fraga Galdo, nado en Celeiro, ten 39 anos, está casado e ten dous fillos. Na actualidade reside en Viveiro. Arquitecto Técnico de profesión, é propietario e Director Executivo dunha empresa de Arquitectura e Construción, ademáis de ser copropietario dun local de hostalería. Leva 12 anos de Concelleiro na Corporación Municipal, sendo Tenente Alcalde entre os anos 2011 e 2012. Foi presidente do Colectivo Chilindrín-Penalba de Celeiro durante 14 anos. Colabora con distintos colectivos deportivos e culturais do Concello. No 2019 impulsou e encabezou Por Viveiro, cun resultado de 1178 votos e o 14,25% dos apoios.