Podemos preséntase por primeira vez ás eleccións en Viveiro coa escolta como un dos seus eixos principais
¿Qué podemos facer por ti?. É a pregunta que se fai a formación morada.
“As veciñas/os de Xunqueira trasladaron as súas demandas ás que nos unimos como unhas veciñas máis que só buscan ter o mellor proxecto para a nosa vila”, indica o candidato á alcaldía por Podemos, Roberto Yáñez. Durante a xuntanza tratáronse temas tan importantes como o arranxo dos danos ocasionados pola riada, a falta de limpeza da zona en xeral, o mal estado das beirarrúas e os perigos que iso entraña, regular a zona de aparcamento, o arranxo e coidado do campo da festa, entre outros moitos temas que preocupan ás súas veciñas/os.
O candidato á alcaldía de Podemos,Roberto Yáñez, considera que “estas reunións facilitan a participación das veciñas/os porque teñen a opción de facer chegar as súas demandas, e así continuar traballando xunto aos colectivos e asociacións por e para o noso pobo”.