“Somos conscientes dos problemas que xera esta folga e de anteman pedimos perdón á poboación. Non podemos quedar impasibles sendo testigos do deterioro evidente da sanidade pública e da perda de recursos na nosa comarca”.
“Non podemos máis porque as nosas condicións laborais chegaron a un nivel de degradación insostible. Soportamos unha sobrecarga asistencial cada vez maior que resulta insaumible e compromete a seguridade para os nosos pacientes e para nós mesmos”.
“Non podemos máis porque xa non temos médicos suficientes para atender as necesidades da poboación da Mariña. As listaxes de espera son inaceptables repercutindo en atrasos diagnósticos, terapéuticos e de seguimento, incluíndo pacientes con patoloxía oncolóxica. Tampouco contamos con acceso a recursos tecnolóxicos e materiais equiparables a outros hospitais do noso entorno”.
Todas estas carencias fan que o hospital non sexa atractivo para os profesionais, xerando unha fuga continua de personal que non se consigue compensar coas novas incorporacións.
“Continuaremos defendendo os dereitos dos nosos doentes e os nosos propios coas iniciativas necesarias para garantir unha atención sanitaria digna á pobación da Mariña”.