Un cómic de concienciación sobre o impacto dos aceites na natureza foi doado as respectivas bibliotecas.
Cervo, 28 de abril, 2023. O presidente da fundación Olidis (Juan Manuel Luque), a Directora Executiva da empresa Bioenergia Global (Natalia Pereira) o Secretario Xeral da Función Olidis (Juan Carlos Piñeiro Docampo) e o Director do proxecto educativo de Olidís (José Luis Rubal) fixeron no día de hoxe unha ronda de visita nos centros de Cervo para explicar o proxecto que Olidis fará en San Cibrao e involucrar ao tecido educativo no proxecto, aberto á súa participación.
No centro da capitalidade incorporouse á delegación Dolores García Caramés tenente de alcalde que expresou a aposta do Concello.
Foron entregados en total 50 unidades do cómics de Olidis co obxectivo de estar presente na sociedade civil dos lugares onde realiza accions. Hoxe foi o caso.