Site icon Crónica3.com A Mariña

Oito mulleres e seis homes e renovada nun 70 por cento respecto á de 2019. Así é a candidatura dos socialistas ribadenses

Ribadeo, 20 de abril de 2023. A candidatura dos socialistas ribadenses para as eleccións municipais do 28 de maio está integrada por oito mulleres e seis homes. É unha lista renovada nun 70 por cento respecto á que presentaron no ano 2019.

A lista está encabezada pola actual voceira municipal e secretaria xeral do PSOE en Ribadeo, Marta García Rey, que ademais é coordinadora comarcal dos socialistas, membro da executiva provincial do partido e graduada en Turismo.

O número 2 da candidatura é Víctor López Pérez, empregado do Rexistro da Propiedade de Ribadeo que foi presidente do Ribadeo FC, presidente fundador da peña ribadense do Athletic de Bilbao e directivo doutras entidades deportivas locais. Ademais ocupou varios cargos en diferentes etapas no PSOE de Ribadeo.

No terceiro lugar da lista está Camilo Vázquez Corveiras, que é enfermeiro, técnico de emerxencias sanitarias e formador.

A número 4 da candidatura é María Teresa Pérez Sanz, informadora turística e empregada dunha empresa de loxística.

A médica oftalmóloga María Lidia Gómez Conde é a número 5 da lista.

O número 6 é Juan Ramón Martínez Pérez, traballador de supermercado.

No sétimo lugar da candidatura está a ama de casa Celia Vila Lombardero.

O autónomo David Fernández Feijoo é o número 8 da lista.

No número 9 está Amaia López Vivas, estudante de Filoloxía Hispánica e membro de Xuventudes Socialistas.

O 10 é Justo Enrique Navarret Mon, administrativo na Confraría de Pescadores de Ribadeo.

Outra integrante de Xuventudes Socialistas, Myriam Álvarez Legazpi, que é socorrista, ocupa o número 11.

A empresaria Aline Karina Canero Rego vai no número 12.

No 13 está o xubilado José Ramón López López.

E no número 14 vai Lorena Ramón Bouso, que é traballadora en loxística internacional.

Sobre a candidatura, Marta Rey destacou que é “integradora, representa a diferentes sectores da sociedade ribadense e está renovada nun 70 por cento respecto á que presentamos nas eleccións municipais de 2019. Todos temos moita ilusión e ganas de traballar para mellorar o futuro de Ribadeo”.
A lista será presentada proximamente nun acto público.

Exit mobile version