A dirección provincial confía en “lograr a maioría absoluta neste concello onde no 2019 o Partido Popular quedou a poucos votos do goberno”
Xermade, 22 de abril de 2023. O PP de Xermade presentou a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións municipais, e que encabeza Antonio Riveira, arroupado polo responsable de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do Goberno galego, Román Rodríguez; o coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, o deputado José Manuel Balseiro; a deputada autonómica Sandra Vázquez. “Somos un equipo de traballo unido e preparado para as tarefas de xestión dun Concello coma o de Xermade: tanto para sacar adiante as cuestións pendentes ou paralizadas -PXOM, inventario de camiños, renovación dos contratos do SAF e da recollida do lixo- coma para facer fronte aos proxectos de futuro”, sinalou o alcaldable.
O candidato popular á alcaldía explicou que se trata dunha lista “paritaria, representativa das 10 parroquias do concello e renovada nun 50% que incorpora xente nova con ganas de traballar por Xermade e tamén persoas con experiencia política previa”. Entre os titulares repiten José Luís Vilasuso, Laura Romero e Manuel Prieto; e incorpóranse á candidatura por primeira vez Sandra de Bernardo, Rubén Amarelo, María Isabel Barro, Jesús López e Rocío Jiménez. No caso dos suplentes, a renovación alcanza tamén a metade dos membros da lista.
Riveira amosouse agradecido por “contar co apoio das 18 persoas que o acompañan na lista, pero tamén doutros colaboradores que participan activamente para facer máis grande este proxecto a pesar de que xa non había máis lugares dispoñibles na candidatura porque a lexislación só permite 9 titulares e 10 suplentes”.
O alcaldable agradeceu tamén o apoio de Román Rodríguez e lembrou que “o ano pasado o seu departamento investiu máis de 260.000 euros en obras de mellora do colexio de Xermade, nunha clara aposta por mellorar os servizos en concellos do rural”.
Pola súa banda, o coordinador xeral do PP lucense manifestoulle o apoio da formación a nivel provincial e amosouse convencido de “lograr a maioría absoluta neste concello onde no 2019 o Partido Popular quedou a poucos votos de alcanzar o goberno”. Para iso, defendeu que “o PP conta en Xermade cun candidato con experiencia, xa que foi tenente de alcalde; que estará acompañado por unha candidatura que mestura renovación e experiencia”.
CANDIDATURA PP XERMADE ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023
1 Antonio Riveira Requeijo. Enxeñeiro agrícola nacido en Miraz e que traballa en Xermade
2 Sandra de Bernardo Eimil. Técnico superior en márketing e publicidade e estudos de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Cazás
3 José Luís Vilasuso Paz. Enxeñeiro proxectista. A Touza (Cabreiros).
4 Laura Romero Gato. Administrativa, de Roupar.
5 Rubén Amarelo Paz. Bombeiro forestal. Momán.
6 María Isabel Barro Millor. Gandeira dunha explotación láctea, de Burgás.
7 Jesús López Orosa. Comercial retornado á súa parroquia natal, Lousada.
8 Rocio Jiménez Miguel. Auxiliar de Axuda no Fogar, de Framil (Piñeiro).
9 Manuel Prieto Bello. Transportista do sector lácteo. Candamil.
Suplentes:
Isabel Campello Ares. Avogada. Cazás.
José Gato Galego. Traballador de enerxías renovables. Cabreiros.
María Alicia Guerrero Ferrando. Auxiliar de Axuda no Fogar. Roupar de Abaixo.
Luís Pena Carballo. Traballador do metal. Xermade
Josefa Pires Rodríguez. Gandeira do sector cárnico. Piñeiro.
Andrés Ares Ameijide. Traballador dunha planta de formigón. Xermade.
Ramón Eugenio Otero Otero. Comercial sector agroalimentario. Lousada.
Antonio Currás Paz. Xubilado vinculado á UNED Sénior. Momán.
Alberto Pena Criado. Xubilado vinculado ao deporte. Miraz.
Francisco López Pena. Gandeiro e presidente da comunidade de montes veciñais de Piñeiro.