O PP local tamén se comprometeu a dar traslado a outras administracións das demandas para solucionar os problemas para a chegada da fibra óptica e a mellora da LU-P-2804
Nesa liña, acompañados polo representante do Goberno galego na provincia, Javier Arias; os populares mantiveron unha reunión con xente do barrio da Cazolga que lles plantexaron a posibilidade de dotar de saneamento público ás vivendas da zona, realizar melloras no local da asociación de veciños e impulsar a creación de ruta Julia Minguillón ao son do río, cara a capitalidade municipal.
O PP de Lourenzá comprometeuse a estudar a viabilidade das propostas para “dar resposta ás necesidades trasladadas”. De feito, os populares están a traballar da man cos veciños e veciñas “para mellorar o noso concello entre todos e todas”.
PETICIÓNS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Os veciños e veciñas tamén manifestaron outras necesidades, como solucionar os problemas para a chegada da fibra óptica e a mellora da estrada da Deputación, LU-P-2804, “que debido o aumento de tráfico pesado se fai perigosa para os usuarios debido a que é moi estreita para ese tipo de vehículos”. Neste caso, os populares comprometéronse a dar traslado das demandas veciñais ás administracións correspondentes.