O grupo municipal mantivo un labor constante no impulso e dinamización da oferta cultural en Ribadeo co concerto de Reis, presentacións de libros, seráns de teatro e outras actividades relacionadas
A coordinadora de promoción local lamenta que o goberno do BNG non entenda que son as diferentes entidades asociativas as que de verdade están a traballar por dinamizar e impulsar a cultura en Ribadeo. “Este goberno do BNG, o máximo que chega é a publicar carteis de festas con datas pero sen programación ningunha… Sinal do nerviosismo o que nos levamos referindo nos últimos tempos, sen dúbida ningunha, cheira a electoralismo” di.
Por outra banda, a popular subliña a labor do grupo municipal popular nesta materia: “desde o noso grupo, e o que aínda é máis difícil, desde a oposición, colaboramos coas diferentes entidades naquilo que nos pediron e ata onde puidemos chegar”. O grupo dos populares estivo liderando a oferta cultural coa colaboración nos concertos de Reis, achegando a actividade cultural aos centros educativos, presentacións de libros, etc Ademais, o programa “Seráns de teatro” supuxo unha revolución a nivel social pola implicación emocional cos mais maiores. ”Gracias a este programa as tardes de inverno nas parroquias foron un chisquiño máis divertidas”, di Saiz.
MÁIS PROMESAS BALEIRAS
Noutra orde de cousas, a coordinadora de promoción local lamenta a pouca palabra do goberno do BNG en canto a potenciar a oferta de ocio e cultural para os máis novos. “Dicían que ían a realizar eventos que permitiran visibilizar a potencialidade creativa da nosa mocidade a través de concertos, obras teatrais e máis actividades. Pero mira se a mocidade se sinte pouco representada que ante a falta de compromiso por parte do goberno do BNG e ante promesas baleiras carentes de contido, decidiron dar o paso eles mesmo para poder ter unha oferta decente en Ribadeo”, explica Saiz. Ademais a popular reitera no compromiso do grupo municipal que, na medida do posible, respaldaron en todo momento as iniciativas que propuxeron pois “será a única maneira de que o goberno local poña atención a estas demandas”.
Por outra banda, Marta Saiz di: “Sábese algo dos bonos-axuda para a xente nova con menos recursos? Porque outra das promesas do programa electoral deste goberno do BNG no 2019. Sábese algo dos espazos público de ocio para xente nova que ían habilitar? Porque o único que fixeron foi a pista multideporte e aínda por riba está sen rematar.”