Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo afirma que o goberno local boicotea o novo centro de saúde retrasando toda a sua tramitación

“Un ano tardaron en dicir que era necesaria á venta duns inmobles para a compra dos terreos para o novo centro de saúde en Ribadeo. É unha vergoña!”, explica a coordinadora de promoción local

Ribadeo, 12 de abril de 2023. Nestas últimas semanas o grupo municipal popular puxo de manifesto o pouco compromiso do goberno do BNG con Ribadeo e os seus veciños en asuntos de interese público. En relación á sanidade, e en especial ao novo centro de saúde para Ribadeo, o grupo municipal detallou os pasos que se foron dando na xestión deste centro.

A coordinadora de promoción local, Marta Saiz, explica que “durante os últimos catro anos limitáronse ao uso da pancarta para defender a sanidade pública e utilizaron ao centro de saúde como unha ferramenta para facer política”. Ademais, engade: “Hoxe, se tiveran un pouco de dignidade, agocharían a cabeza e pedirían perdón”.

Saiz destaca o cinismo do goberno do BNG e reitera a súa falta de compromiso cos ribadenses: “É tanto o cinismo que retrasaron ata o último pleno a modificación urbanística da parcela so por intereses e estratexia política. Unha vez máis demostraron que este goberno do BNG prioriza os intereses políticos e partidistas aos intereses dos ribadenses”.

Por contra, o grupo municipal popular vela polos intereses de todos os veciños e veciñas de Ribadeo, pois “no segundo ano de mandato xa estabamos anunciando o novo centro de saúde para a vila. Unha xestión moi importante na que a actitude e a resposta deste goberno foi a de bloquear e poñer paos nas rodas continuamente”. Neste sentido, os populares recibiron como resposta frases que se repetiron durante días como “chega o centro de saúde que temos” ou “chega con reformar” e, en canto á proposta do grupo municipal de facer un novo aparcamento para o centro sanitario, o goberno do BNG explicou que “xa hai un aparcamento ao lado”. “Claro, se lles esquecía que este aparcamento é de pago e de tempo. Pero cando viron que a súa estratexia non lles estaba dando rédito político é cando empezaron a recuar e firmar” di Saiz.

Sen embargo, seguiron intentando sacaron rédito político impedindo que o grupo municipal popular participase na reunión na que Consellería convocou para os representantes de todas as corporacións municipais. “Impediron que o resto da corporación participase nesa reunión, só quixeron ir eles, e despois se lles infla o peito falando de democracia”, resalta Marta Saiz.

Ao ver que os plans de confrontación non funcionaba, o goberno do BNG intentou retrasar a firma e aportar os terreos. “Nin para aportar os terreos estiveron á altura. Trasladaron cinco opcións a cal peor. non se deu ningún tipo de explicacións e tampouco se escoitou ao resto da corporación para tomar unha decisión consensuada. Nós aportamos varias posibles localización e non nos escoitaron. Un ano tardaron en dicir que se ían comprar coa venta de inmobles. Esperaron ao último pleno para facer a modificación” di Saiz.

A coordinadora asegura que “a nosa maneira de entender a política está moi lonxe desas artimañas, a nós o que nos interesa é a construción dun novo centro de saúde. Nós sempre priorizaremos os intereses comúns de Ribadeo e dos ribadenses aos nosos propios”.

Exit mobile version