Desde o grupo municipal popular lamentan que se utilice diñeiro público para manipular con vallas publicitarias as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia
Neste sentido, Marta Saiz lamenta que se gaste diñeiro público nunha acción electoralista: “É indignante o despilfarro e a falta de responsabilidade coa que este goberno administra o diñeiro público, porque, a non ser que se pague coas dedicacións exclusivas, vai pagarse co diñeiro de todos os veciños e veciñas de Ribadeo”. A coordinadora de promoción local, cre que esta valla é unha forma de manipulación máis do goberno do BNG pois “saben perfectamente que a autoridade portuaria vai actuar en todo o tramo con novo pavimento, aparcamentos e carril bici”.
Saiz lamenta que “utilicen o diñeiro público para manipular con carteliños” pero “non ven a necesidade de colocar papeleiras en toda a estrada do Faro”. Ademais, resalta que “deberan investir en xabón para lavar os contedores nesta Semana Santa. Reivindican o arranxo dunhas fochancas que saben que xa se van arranxar pero non ven as fochancas e lameiros que eles chaman aparcadoiros”.
Por outra banda, desde o grupo municipal non entenden que o goberno do BNG prohíba colocar vallas en toda a costa á iniciativa privada “pero sí para carteliños infantiloides”.