A candidatura inclúe representación de todas as parroquias e é un ampla mostra sociolaboral dos cidadáns do municipio
O candidato á alcaldía destaca, entre outras cousas, que os postos dous e tres da lista están ocupados por mulleres. A segunda praza corresponde a Sandra Gómez Maradona, responsable de organización de programas Erasmus; no terceiro posto está Remedio Gallo Fernández, que foi fundadora e presidenta da Asociación Patrimonio Laurentino. O aspirante popular pon de relevo a ilusión de todos os membros da lista en formar parte deste equipo e de traballar para mellorar os servicios e infraestruturas do concello.
A presencia dos tres concelleiros actuais distribúese entre o número 4, que ocupa Eduardo Reigosa Graña, e as dúas prazas de suplentes, nas que figuran Antonio Rego e Francisco Javier Rodríguez, que, deste modo, expresan a súa vontade de seguir traballando par materializar o proxecto do Partido Popular para Lourenzá.
Os integrantes da lista popular representan ás catro parroquias do municipio e aos distintos sectores da poboación, tanto polo amplo abano de idades como pola súa situación sociolaboral.
Dende a dirección provincial do partido sinalan que o obxectivo é recuperar unha alcaldía que, menos nos últimos oito anos, sempre desempeñou o PP. É, destacaron igualmente, unha lista renovada pero que aporta o necesario compoñente de veteranía e experiencia. Indican que hai outra maneira de gobernar distinta a que se deu en Lourenzá nos últimos oito anos, moito máis eficiente e útil para os intereses dos veciños, que é a do PP. De feito, agora os veciños teñen ocasión de comparar o que fixeron os distintos gobernos locais.
A LISTA NOME A NOME
1.-Roberto Díaz Expósito
2.-Sandra Gómez Maradona
3.-Remedios Gallo Fernández
4.-Eduardo Reigosa Braña
5.-Sonia Alfonso Villarino
6.-Miguel Ángel Lastra Lodos
7.-María José Sante García
8.-Luis Santamarina Portela
9.-Arantzazu Ethel Canoura Recalde
10.-Juan José Ledo Aramburo
11.-Mariano Francisco de la Torre Galindo
Suplentes
Antonio Rego Rey
Francisco Javier Rodríguez Barrera
Lourenzá, 23 de abril de 2023. O PP presentou esta mañá a lista coa que participará en Lourenzá nas eleccións locais do próximo 28 de maio, a cuxa fronte, como xa se anunciou, está Roberto Díaz Expósito. É unha lista na que a profunda renovación que supón mestúrase coa experiencia que aportan os actuais concelleiros, segundo indica Díaz Expósito, que destaca a ampla representación da sociedade laurentiniana que inclúe a candidatura popular. Á presentación da lista asistiron, entre outros, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos; portavoz do PP no Parlamento de Galicia, Pedro Puy; deputadas autonómicas Encarna Amigo, Raquel Arias e Cristina Sanz; representantes da dirección provincial do PP, entre eles, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro (deputado autonómico).