Castiñeira considera que a maneira de actuar dos socialistas é ofensiva para os veciños de Foz e sinaladamente para os das “parroquias de Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo, que lembran a promesa electoral de hai moito tempo dos socialistas, incluso cando estaban na oposición, e que ven que en tres anos non fixeron nada”
Castiñeira explica: “O que nos estraña é que se faga fraude con isto, facer anuncios neste tipo nun período no que non se poden facer é facer trampas; o PSOE, probablemente, ve que non foron suficientes os tres anos e medio de lexislatura para demostrar aos veciños de Foz que pode facer cousas e ten que facelo todo agora antes das eleccións”. Esta forma de actuar, supón “pensar que os veciños de Foz son tontos; non son tontos os veciños de parroquias de Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo, que lembran a promesa electoral de hai moito tempo dos socialistas, incluso cando estaban na oposición, e que ven que en tres anos non fixeron nada”.
O portavoz popular lembra que “as rotondas en Cangas xa quedaran deseñadas no seu día polo goberno do PP, no ano 2018, e non sabemos porque se pararon nos anos de goberno do Partido Socialista. Iso é o que ten que explicar o señor Cajoto e deixarse de facer trampas electorais en momentos nos que non se poden anunciar obras deste tipo”.