Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela incorpora a Teresa García, “unha veciña con profundas raíces na nosa vila”

Auxiliar administrativo de profesión, aposta de forma “clara e decidida” polo cambio en Burela

Burela, 3 de abril de 2023. O PP de Burela continúa a anunciar novas incorporacións ao seu proxecto. Teresa García, veciña de Burela e auxiliar administrativo na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela dende fai 27 anos, súmase ao equipo dos populares igual que Maite Lanza e Encarna Bernal.

O candidato á alcaldía, Manuel Rouco, destaca que “Teresa García é unha veciña de Burela con profundas raíces na nosa vila. Viviu e disfrutou dos momentos máis álxidos do noso concello. Para volver a poñer Burela no lugar que realmente lle corresponde como motor socioeconómico da Mariña, cre no proxecto do Partido Popular e, polo tanto, aposta polo cambio”.

Teresa García explica con orgullo que “os meus avós por parte de pai foron das poucas familias que vivían nos anos 30 en Burela. Dedicáronse toda a súa vida ao sector do mar. Meu pai naceu aquí e eu tamén nacín e me criei en Burela”.

A popular aposta de forma “clara e decidida” polo cambio e, polo tanto, decidiu unirse aos compañeiros de partido “para aportar todo o meu traballo e o meu compromiso por Burela”.

Exit mobile version