Tras ganar ao FSF Móstoles este mediodía nos cuartos de final, o Burela FS clasifícase para as semifinais da Copa da Raíña
Na primeira parte comeza presionando o Burela cunha oportunidade clara de Emilly no minuto 2, pero ao pouco tempo tras unha perda de balón no campo contrario (recupera Benete), Inma encaixa o 0-1 para o equipo madrileño. Tras unha oportunidade de Antía despois dun bo roubo no minuto 6, a capitá Peque logra o empate. Dous minutos despois, tras un pase de Jenny nunha contra, Dany sobe o marcador para o Pescados Rubén 2-1. No minuto 15 tras unha falta por dobre devolución que saca Inma empata o encontro 2-2, resultado que se mantén ata o descanso.
Na segunda parte comeza de novo presionando o Pescados Rubén Burela FS, con máis intensidade. Tras dúas ou tres oportunidades despois de bos entendementos entre Emilly, Irene Samper, Dany e Peque, tras un pase interior de Irene Samper chega unha moi crecida Dany e fusila o 3-2 volvendo elevar o marcador para o seu equipo. Outra oportunidade clarísima de Emilly no minuto 31 que vai ao pau e dous tempos mortos para cada equipo, nos minutos 35 e 36, preceden ao ataque con porteira-xogadora do conxunto de Luís Ostolaza, que tenta empatar o partido sen conseguilo. Tras varias oportunidades a porta baleira, unha de Antía e outra de Jozi, Peque afina a súa puntería e sentencia o 4-2 co que acaba o encontro.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – FSF Móstoles
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Cilene, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).
FSF Móstoles: Ari (P), Inma (C), Benete, Celia, Rafinha – cinco inicial -, Forsiuk, Hrytsenko, Ampi, Montufo, Silvia Carral, Luci, Silvia (P)
Goles: Min.3 Inma 0-1; min.6 Peque 1-1; min.8 Dany 1-2; min.15 Inma 2-2; min.29 Dany 3-2; min.39 Peque 4-2.
Equipo Arbitral: Alberto Carrión Álvarez, Noelia Gutierrez Muñoz, Sara Gutierrez Echevarría.
TA: min.16 Peque, min.28 Forsiuk, min.38 Jenny.