Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Galeguista de Ribadeo dá a coñecer a lista completa para as municipais

Ribadeo, 25 de abril, 2023. A candidatura ten un marcado perfíl de traballadores e empresarios do sector terciario, con dous acentos no mundo rural, a presenza como 2 da lista de Juan Antonio SanCosme, fillo-sobriño do histórico Xosé Sancosme, e pechando a lista de candidatos a presenza de Ana Vila a” Poeta Labrega, como mostra do apoio da Executiva Nacional do PG.

O candidato explicou a necesidade de conseguir un Ribadeo mellor, en base a tres eixos
programáticos: Ribadeo como concello de benestar, como gran centro comarcal ,e un estilo
de facer política participativo cos cidadáns e de respecto e diálogo con outras
Administracións.

Está entón a candidatura encabezada por Anxo Rodríguez Anes (experto en Comercio
Exterior).
O número 2 é Juan Antonio SanCosme, traballador do ramo de servizos técnicos.
Verónica Jiménez Pedrero, traballadora do sector servizos é a número 3.
José Luis Carnota, xefe de máquinas na Mariña Mercante, ocupa o número 4 da lista.
Patricia Ramallal Alonso, emprendedora, é o número 5.
No número 6 vai Abel Coto Coto, traballador do ramo da hostalería e xubilado.
O número 7 ocúpao Pablo Rodríguez Fernández, libreiro e historiador local.
A Técnica de Enfermería Noelia Villa Rodil vai no posto 8.
O número 9 ocúpao o obrador Anxo Christian González Pérez.
No número 10 preséntase a libreira anticuaria Cláudia Cristiá Fernández Herrera.
No número 11 vai o empresario vinculado á Hostalería Manuel José Pérez Fernández.
Juan Antonio López Díaz, xubilado, preséntase no lugar 12.
Ana Vila Portomeñe, poeta-labrega pecha a candidatura no lugar 13.
Como suplentes.
Número 14, Julian Luís García Fernández, empresario xubilado de hostalería.
Victor Perez Díaz, traballador do metal no número 15.
E a traballadora xubilada de telecomunicacións Lucía Cristina Gutiérrez Morais pecha co
número 16.

Exit mobile version