Trátase dunha publicación que recolle a historia da creación musical na cidade e nas disitntas comarcas deténdose en músicos, bandas, locais e festivais que protagonizaron a vida musical nas últimas décadas. A presentación contou coa actuación de Sintético Fantástico, formado por musicos mariñaos como Iván Laxe do emblemático grupo Os Skornabois. O acto forma parte dunha xira de presentacións concerto que continuará en vindeiras datas en Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte, dando en cada punto o protagonismo a distintos grupos locais.