Lugo, 21 de abril de 2023. O músico Juan Castro Lodeiro presenta mañá en Foz o libro “Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo”, editado coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Trátase dunha publicación que recollea historia da creación musical na cidade e na provincia deténdose en músicos, bandas, locais e festivais que protagonizaron a vida musical de Lugo nas últimas décadas.
A presentación, ás 13.00 horas na Praza do Concello, contará coa actuación de Sintético Fantástico.
O acto forma parte dunha xira de presentacións concerto que se iniciou onte en Lugo e que continuará en vindeiras datas en Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte de Lemos, dando en cada punto o protagonismo a distintos grupos locais.
Próximas presentacións concerto
22 de abril
Foz. Avenida Alvaro Cunqueiro, diante do Concello. de 13.00 a 14.00H
Actuación Sintético Fantástico.
27 de abril
Vilalba. Centro Sociocultural de 20.00 a 21:00 H
Actuación Irmandades do Falo.
4 de maio
Sarria. Praza da Vila de 20.00 a 21.00 H
Actuación Malditos Roedores e
5 de maio
Chantada. Praza Principal de 20.00 a 21.00
Actuación Tirapralá
6 de maio
Monforte de Lemos. 13.00 a 14.00 H
Set acústico Gin Tonic´s