Ao abeiro dun convenio entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e os concellos para o despregue de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados
Neste senso, estes días xa quedou instalada a torreta no monte municipal da Escarabelada, que alimentará a empresa Vodafone que resultou a adxudicataria da subvención posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp e os Concellos, para despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo, como é o caso da parroquia de Sargadelos, que se verá beneficiada deste convenio.
Con esta actuación melloraranse as redes de telecomunicacións nesta contorna para favorecer e facilitar a actividade no Centro de Emprendemento e Artesanía que alberga diferentes negocios para os que a conectividade resulta importante no día a día.