Foz, 14 de abril, 2023. Por desgraza a leucemia é o cancro máis frecuente na idade pediátrica e no Martínez Otero están concienciados con esta triste realidade.
No día de hoxe, 14 de abril e organizada pola ANPA do colexio, houbo unha carreira solidaria, cooperativa e non competitiva na que participou todo o alumnado desde 4º de Infantil ata 4º da ESO.
A finalidade desta carreira foi en primeiro lugar, sensibilizar ao alumnado da existencia desta enfermidade da que cada día un neno é diagnosticado, e ademáis recoller fondos que axuden a financiar proxectos punteiros de investigación, de mellora dos tratamentos e que axuden a minimizar os durísimos efectos secundarios que esta enfermidade provoca nos máis pequenos.
Todo o recadado no día de hoxe enviarase á Fundación Unoentrecienmil.