A iniciativa está promovida pola Fundación Expomar como mostra do seu compromiso coa competitividade do sector marítimo-pesqueiro. Esta cita, de carácter bienal e internacional, actúa como nexo de centos de expositores que mostran as últimas novidades do ámbito marítimo-pesqueiro. De feito, nesta edición prevese igualar e incluso superar as cifras de negocio da última feira, alcanzando os 135 stands de expositores e máis de 350 marcas de diferentes países. Como actividade complementaria, a Fundación Expomar tamén celebrará este ano as XXX Xornadas Técnicas e o XXIV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.