Viveiro, 15 de abril de 2023. O Concello de Viveiro amosa a súa satisfacción polo resultado dos traballos de restauración do antigo reloxo mecánico municipal situado no Conxunto Histórico Artístico da Praza de Santa María.
A empresa Lages Electrónica, encargada de levar a cabo este labor, acaba de rematar una restauración que incluíu agullas, minutarías e a transmisión de dúas esferas exteriores.
Tamén se fixo unha restauración xeral da antiga máquina do reloxo que foi construída en 1861 pola prestixiosa casa francesa Arsene Cretin-L’Ange e instalada polo reloxeiro de A Coruña Ramón A. Iglesias Abeleira. Ademais, acondicionouse o habitáculo onde estaba instalado o reloxo.
Tras esta minucioso traballo, o reloxo foi montado provisionalmente para poder ser visitado.
Todas as persoas interesadas en desfrutar desta xoia artística de Viveiro, poderán facelo antes ou despois da misa que se oficia os martes, xoves e sábados, ás 19:30 horas, así como os domingos, ás 11:00 horas.
“Estamos felices do resultado destes traballos que son clave para o mantemento do amplo patrimonio artístico co que conta Viveiro”, indica a alcaldesa María Loureiro.
“Agora queremos compartir esta peza tan valiosa con toda a veciñanza, e dende o Concello vanse enviar tamén invitacións aos centros educativos, unhas visita nas que o cronista oficial lles ofrecerá unha charla sobre a valía e a historia desta peza”, engade a rexedora.
Despois do período de exposición, procederase de novo ao montaxe na Torre do Reloxo, e tras realizar os reaxustes pertinentes, poñerase de novo en funcionamento.