Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro e o Conservatorio ofertan cursos gratuítos de iniciación á música para a infancia

Viveiro, 22 de abril de 2023. O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, ofertan durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á música aos máis pequenos.

Impartirase un curso de Iniciación Musical dirixida a nenos/as nados/as no ano 2016 con actividades que favorezan a percepción e a expresión musical dos máis cativos dunha maneira lúdica.

Para formalizar a inscrición ábrese o prazo o próximo luns día 24 ata o día 26. As prazas son limitadas.

Pola súa banda, convócase tamén o curso de Iniciación ao Instrumento de: Clarinete, Frauta Traveseira, Gaita, Guitarra, Saxofón, Trompeta e Violonchelo dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos. Así mesmo, impartirase o curso de canto para nenos e nenas a partir dos 12 anos.

En todos os casos suporán un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para cativos sen coñecementos musicais.

O prazo de inscrición vai do 2 ata o 4 de maio e as prazas tamén son limitadas.

A inscrición realizarase na Secretaría do Conservatorio de Música en horario de oficina: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version