Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo sinaliza nos Bloques a perigosidade que supón a zona de lodo e barro da ría

Ribadeo, 17 de abril de 2023. O Concello sinalizou nos Bloques a perigosidade que supón a zona de lodo e barro da ría.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “tras o incidente que se producía hai uns días decidimos colocar un sinal advertindo do perigo que supoñen algunhas zonas na ría nas que o barro e os lodos nos poden dar algún que outro susto. Grazas á colaboración de varios veciños e do presidente do club de remo de Ribadeo o accidente non foi a máis”.

A edil ribadense sinalou: “é preciso que sexamos precavidos, sobre todo senón coñecemos o entorno natural no que nos movemos. Nas rías e nalgunhas praias é normal encontrarse con lodos ou con lama. Por este motivo hai que ter moito coidado”.

Freire Rancaño engadiu: “desde o Concello atendemos a recomendación do club de remo e procedemos a sinalizar a zona para tentar evitar incidentes”.

Exit mobile version