A boa situación económica do Concello consolídase sen recorrer ao incremento da presión fiscal
Mondoñedo, 1, abril de 2023. A xestión do goberno popular á fronte do Concello de Mondoñedo instalou á economía municipal nunha situación de saneamento que lle permite afrontar as distintas liñas políticas trazadas polo alcalde, Manuel Otero, e o seu equipo sen necesidade de ter que recorrer ao crédito nin incrementar a presión fiscal. O orzamento para o actual exercicio foi aprobado en novembro do ano pasado; ascende a 3.891.983,87 euros, caracterízase polo seu perfil social e conta cun capítulo de investimentos reais que ascende a 116.236,45 euros. Á vista de como evolucionaron os grandes datos da economía municipal nos últimos anos cabe destacar que no exercicio 2022 houbo un moi alto grado de execución orzamentaria. A mesma análise pon de manifesto unha moi alta capacidade de xeración de recursos presupostarios, especialmente mediante compromisos de aportación doutras administracións públicas.
Debido á capacidade de xestionar recursos procedentes doutras administracións, o resultado orzamentario positivo é moi alto.
A análise dos datos correspondentes aos últimos exercicios orzamentario confirma que se consolida o remanente de tesoureiría para gastos xerais, o que permite dispoñer dun colchón financeiro para atender posibles eventualidades sen necesidade de apelar ao crédito.
A situación económica reseñada é aínda mellor tomando en consideración que se produce sen débeda pública e sen incremento da presión fiscal, que constitúen dúas fortalezas da economía municipal de Mondoñedo.